Historia

No ano 2003 nace a asociación cultural, xuvenil e deportiva "Abrindo Rejo" das mans dos antigos membros do grupo de gaitas "Airiños do Vilán" creado no 1988.

A asociación pertence á parroquia de Xaviña, unha terra labrega e mariñeira con moita tradicción folclórica, ubicada no concello coruñés de Camariñas, en pleno corazón da Costa da Morte. 

Co obxectivo de unión e fomento da cultura galega entre os rapaces e empregando como medios o esforzo dos socios e as axudas de entidades como o Concello de Camariñas e a Deputación da Coruña comezamos a realizar actividades; a Festa da Praia que se realiza todólos anos o 25 de Xullo, o domingo de entroido, clases de gaita e baile galego, son algúns exemplos destas actividades.

Ademáis "Abrindo Rejo é o creador dunha das festas folk máis coñecidas no panorama galego: A xoldra enxebre.